EXPERIENCIA

CREATUREZA

DESCRICIÓN

Campamento de catro días e tres noites para desenvolver a creatividade e o talento nunha contorna natural única.

Estar na natureza relaxa, libera a mente creativa e dá renda solta á exploración, á imaxinación, ao desenvolvemento cognitivo e emocional e ao auto-descubrimento. O programa inclúe diferentes actividades en grupo impartidas por profesores especialistas nas súas materias, co fin de conectar aos participantes cos seus talentos e capacidades, nun espazo relaxante, divertido e distendido, mediante experiencias vivenciais que se gravarán con intensidade nas persoas e así trasladarán estas sensacións en accións de cara as suás vidas persoais e profesionais.
Catro días no rural, en convivencia harmónica cunha manada de cabalos, formando parte da natureza dende o respecto e a conexión. Teatro e comedia dende a improvisación, conta-contos, percusión e ritmo, consciencia corporal e actividades con cabalos para fomentar a intelixencia emocional. Ademais un xogo de escape pola finca e festa nocturna con lume de campamento farán medrar as habilidades brandas dos participantes, sair da súa rixidez mental e conectarse cós nenos que foron.

INFORMACIÓN DE INTERESE

Todo incluído, durmindo en tendas de campaña ou dispoñible espazo na finca para pernoctar en autocaravana ou furgo.
No caso de preferir aloxarse en hotel ou casa rural a pernocta non vai incluída no prezo.
Non é necesaria experiencia previa con cabalos (as actividades con cabalos son a pé de terra, non se monta) nin ter coñecementos musicais nin teatrais.
O menú diario inclúe xantar especial para veganos.
Todas as actividades realizaránse en espazos abertos.

PÚBLICO
Mayores de 18 años

DURACIÓN
4 días

ALOJAMIENTO
Con alojamiento

PLAZAS
Mínimo: 8 Máximo: 20

PERÍODO
Del 30 de julio al 2 de agosto

PRECIO

235€/persona

El Rincón de Finca El Carmen

RESERVA / CONTACTO