EXPERIENCIA

SABERES, SABORES E SENTIRES EN RIBEIRA SACRA

DESCRICIÓN

Despois de todo o vivido, merecémonos un respiro, va que sí!
Desfrutar de experiencias de natureza e cultura en familia ou cun grupo de amigos, en espazos seguros e que cumpren coas recomendacións sanitarias, é algo que en Ribeira Sacra tedes ben á man. E ¿que mellor que facelo con persoas sabias que gardan na memoria o que lles foi transmitido?
Vinde desfrutar da natureza en espazos limpos, calmos e saudables, rodeados de árbores e plantas medicinais, aromáticas, cesteiras, alimenticias, para o coidado e beleza do corpo.
Degustaredes petiscos e groliños da cultura material e inmaterial.
Ver, ulir, tocar, saborear, escoitar e “sentidiñear”, é dicir , usar o sentidiño.

INFORMACIÓN DE INTERESE

Suxeito ás condicións meteorolóxicas

PÚBLICO
Todos os públicos

DURACIÓN
2 días

ALOXAMENTO
Con aloxamento

PRAZAS
Mínimo: 10 Máximo: 20

PERÍODO
Fins de semana (venres e sábado) de outono, inverno e primaveira.

PREZO

Consultar

Casa do Romualdo

RESERVA / CONTACTO