EXPERIENCIA

RUTAS GUIADAS EN SEGWAY

INFORMACIÓN DE INTERESE

Pode subir a un segway calquera persoa capaz de subir un chanzo sen axuda dun bastón ou pasamáns.
Nenos a partir de 6 anos, dependendo da altura
Peso entre 40 kg -110 kg aprox.
Damos unha pequena formación para que poida conducilo sen ningún problema.
As rutas sempre irán guiadas por un monitor especializado que supervisará o grupo en todo momento.
Duración aproximada: 2 horas
Realizamos rutas á carta con grupos reducidos.

DESCRICIÓN

Excursión con monitor. Doade – Souto de Valguaire – Mirador da Pena do Castelo – Visita a unha adega
Disfrutaremos de paisaxes únicas entre castiñeiros centenarios e viñedos sobre o Canón do Sil . Visitaremos o miradoiro da Pena do Castelo, un dos máis altos da zona desde onde ollaremos o Canón.
E para finalizar disfrutaremos dunha visita guiada a unha adega onde degustaremos dous viños.

PÚBLICO
Todos os públicos

DURACIÓN
1/2 día

ALOXAMENTO
Sen aloxamento

PRAZAS
Máximo: 4

PERÍODO
Todo o ano. Con reserva previa

PREZO

38€-45€/persoa, en función da adega visitada

Enoturismo Galicia

RESERVA / CONTACTO

  • null
    info@enoturismogalicia.es
  • null
    676 101 649