EXPERIENCIA

PAPANDO VENTOS, AROMAS E SABROSURAS

DESCRICIÓN

Qué diversidade no mundo das árbores, das prantas, e da nosa cociña!
Vinde mergullarvos nun arboreto no que medran especies cheas de lendas e historias. Tamén se amosan plantas que abundan na nosa terra con variadas aplicacións.
Concluído o paseo, é ahora de repoñer forzas, tan só precisaredes subir á Casa das Árbores, onde vos agardan cadeiras e mesa*, para a desfrutar do xantar que vos preparamos na Casa do Romualdo. Coidando todos os detalles, as viandas e o menaxe irán nun cesto tradicional.
Ben sexan xantares ou merendas o colofón será unha fantástica sobremesa de contos e unha “curtacafé” no Cinema Palleiriso.

INFORMACIÓN DE INTERESE

Dentro da Casa das Árbores poderán xantar ou merendar só cinco persoas. De ser máis, a paparota dispoñerase ao pé das árbores.
Grupo para Xantar: das 13:00 ás 15:30 h / Grupo para a Merenda: das 17:00 ás 19:30 h
Esta actividade será concertada coa Casa do Romualdo, onde vos prepararemos o Cesto no que atoparedes as viandas e a menaxe precisa para a paparota. Cesto e menaxe que traeredes de volta ao rematar a actividade.

PÚBLICO
Todos los públicos, Familias

DURACIÓN
1 día

ALOJAMIENTO
Con alojamiento

PLAZAS
Máximo: 10

PERÍODO
Todo el año

PRECIO

Consultar

Casa do Romualdo

RESERVA / CONTACTO