EXPERIENCIA

BONO SACROSANTUM

DESCRICIÓN

Galicia é unha terra de xente entre a que bulen seres que habitan espazos fantásticos e encantados, pero reais.
Atoparse coa súa sabedoría e experiencia, as súas cantigas e lendas, os seus romances e aventuras, é fácil. Vinde coñecelos!
Deixádevos levar da man de Francisco do Romualdo, un deses seres cheos de maxia, capaz de converter os soños en realidade nunha fascinante viaxe polos sentidos.
E é que Ribeira Sacra e a Ulloa atesouran paisaxes, recunchos, historias, melodías e xente que engalicia; aromas, sabores e texturas que cautivan e quedan para sempre gravadas entre as boas cousas da vida.
Porque despois de todo, merecémonos un respiro. Vinde experimentar a natureza e a cultura en familia ou en grupo, eso si, de xeito seguro e cumprindo as recomendacións de saúde!

Proposta para cada día:
A nosa casa, a vosa casa: chegar a Casa do Romualdo é como facelo á desa persoa que aprecias e na que confías.
Tesouros con historia: atopalos sempre foi un xeito eficaz e divertido de aprender mentres se goza. Bosques encantados que agochan igrexas e misterios, viñedos que se tenden cara ao río, seres máxicos que asaltan con verbas e sorrisos.
Entre divinas mans: a forza creadora conformou paisaxes espectaculares que viticultores, campesiñas, canteiros e oleiros seguen creando.
Afastado do mundanal ruído: o tempo parecerá detido mentres paseades por claustros, celas e recintos de mosteiros desta bendita terra.
E non, non estaredes soñando cando as copas das árbores dancen baixo os vosos pés, as augas do río flúan vigorosamente entre penedos e vos asomedes a balcóns sobre abismos de vertixe.
Multiplicando pans e… polbo : Sabedes o segredo do pan de Cea?, E por qué foron os monxes dun famoso mosteiro os precursores do polbo a feira? As respostas agárdanvos entre Sacrosantos e memorables muros.
Entre baúles e lembranzas: ¡Que gusto rebuscar nos caixóns e armarios, abrir portas e descubrir o que hai detrás! Quen na súa nenez non pediu aos reis suntuosas casas de bonecas, soñou con ser maquinista en lexendarias locomotoras ou con descubrir fabulosos tesouros? Imposible resistir tanta tentación!
Que fermoso ramalliño de experiencias de natureza e cultura para familias e grupos! Eso si, seguras e que cumpren coas recomendacións sanitarias. Porque despois de todo, merecémonos un respiro!

INFORMACIÓN DE INTERESE

Aberta, flexible, e adaptable, na medida do posible, ás características, necesidades e enerxía do grupo.

PÚBLICO
Todos los públicos, Familias

DURACIÓN
Más de 4 días

ALOJAMIENTO
Con alojamiento

PLAZAS
Mínimo: 8 Máximo: 14

PERÍODO
Todo el año

PRECIO

Consultar

Casa do Romualdo

RESERVA / CONTACTO