Despois de varios meses confinados nas nosas casas a causa do COVID19 mereces un respiro. Por iso, amosámosche múltiples experiencias para coñecer Ribeira Sacra da maneira que máis che guste e adaptadas a un novo contexto.
Tanto se queres coidarte como se che gusta explorar e descubrir novos lugares, ou si o teu é superarte día a día, temos o que estás a buscar. Prefires coñecernos a través dos nosos sabores? Ou soñar esperto? Tamén o atoparás.
CÓIDATE, EXPLORA, SUPÉRATE, SABOREA e SOÑA conteñen os mellores plans para ti.
Por último, queremos pedirche un favor, non baixes a garda. O COVID19 segue activo, polo que che pedimos que, mentres gozas de Ribeira Sacra, respectes as medidas de seguridade e as indicacións que che fagan nos distintos establecementos e servizos turísticos.
¡¡Graciñas!!