EXPERIENCIA

RUTAS ROMÁNICO VERÁN - OUTONO 2020

DESCRICIÓN

MÉRCORES ROTEIRO 1:
Punto de encontro: 16:30 h na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño.
Visitas: Santo Estevo de Ribas de Miño, San Paio de Diomondi, Santa Mª de Seteventos e Dolmen de Abuime.

XOVES ROTEIRO 2:
Punto de encontro: 16:30 h no Mosteiro do Divino Salvador en Ferreira de Pantón.
Visitas: Mosteiro do Divino Salvador, San Miguel de Eiré, mirador de Os Peares e San Vicente de Pombeiro.

XOVES ROTEIRO 3:
Punto de encontro: 20:30 h diante da oficina de turismo de Sober.
Visitas: percorrido nocturno polos petróglifos de Sober para coñecer os gravados rupestres ao aire libre máis emblemáticos da zona de Lugo.

VENRES ROTEIRO 4:
Punto de encontro: 16:30 h diante do IES Val do Asma en Chantada.
Visitas: Santa María de Pesqueiras, San Salvador de Asma e Santa Mª de Nogueira de Miño.

SÁBADOS ROTEIRO 5:
Punto de encontro: 10:30 h diante da oficina de turismo de Sober.
Visitas: percorrido a pé por Proendos (paseo circular de 3 kms-dificultade baixa). Coñeceremos unha parroquia cargada de historia: patrimonio arqueolóxico representado nos petróglifos que temos contorna á igrexa; localización da Proencia romana onde veremos algúns restos da antiga vila; casas nobres e blasonadas; patrimonio natural contorna aos camiños e remataremos coa visita á igrexa románica de Santa María e as súas marabillosas pinturas do século XVI.

DOMINGOS ROTEIRO 6:
Punto de encontro: 10:30 h diante do edificio do Concello de Carballedo, en A Barrela.
Visitas: percorrido a pé por Chouzán (ida e volta 3km, dificultade media). Coñeceremos a historia da parroquia de Chouzán, situada á ribeira do río Miño, que conserva a súa estrutura orixinal cargada de elementos etnográficos e naturais, o que nos axudará a entender os modos de vida e costumes na Ribeira sacra. Remataremos coa visita á igrexa románica de Santo Estevo de Chouzán, antigo mosteiro benedictino, trasladado do seu emprazamento orixinal despois da construción do encoro dos Peares.

INFORMACIÓN DE INTERESE

Desprazamentos en coches particulares. Imprescindible reservar.

A saída está garantida.

Nos roteiros 3, 4, 5 e 6 é necesario camiñar polo que se aconsella levar calzado cómodo e auga.

Os roteiros poden verse modificadas a criterio do guía por oficios relixiosos ou imprevistos.

PÚBLICO
Todos os públicos

DURACIÓN
4 horas

ALOXAMENTO
Sen aloxamento

PRAZAS
20 máximo

PERÍODO
Mércores a domingo do 1 de xullo ao 11 de outubro

PREZO

7 €/persoa

Máis que Románico Rutas

RESERVA / CONTACTO