EXPERIENCIA

RUTA RIBEIRAS DO SIL

DESCRICIÓN

Ofrecémosche unha experiencia completa para coñecer o mellor e imprescindible desta terra de tradición do viño, arte románico, historia, natureza e auga.

A experiencia inclúe:

Ruta de sendeirismo polo entorno natural do río Mao e do Sil (1,4 km.)

Visita ao Mosteiro de Santa Cristina ou ao Castelo de Castro Caldelas (según dispoñibilidade).

Visita a un dos espectaculares miradoiros con vistas ao Canón do Sil, onde podremos apreciar o laborioso traballo do viticultor e o surco do Canón realizado pola erosión do curso fluvial durante miles de anos.

Xantar en restaurante da zona.

Ruta fluvial polo Canón do Sil de dúas horas de duración aproximada.

Visita a unha bodega DO Ribeira Sacra con degustación de viños e explicación de vinificación e historia de Ribeira Sacra.

INFORMACIÓN DE INTERESE

• Saídas desde Monforte de Lemos.
• Precisa reserva previa
• Dispoñibilidade: tódolos días da semana.
• O prezo inclúe SEGURO e SERVICIO DE GUÍA OFICIAL DE TURISMO.
• Flexibilidade nas rutas en función do tempo dispoñible.
• Tarifas para grupos privados ou parellas.
• Grupos reducidos.

PÚBLICO
Todos os públicos

DURACIÓN
1 día

ALOXAMENTO
Sen aloxamento

PRAZAS
Suxeito a dispoñibilidade

PERÍODO
Todo o ano

PREZO

72€/persoa

Novas Rutas

RESERVA / CONTACTO