EXPERIENCIA

RESPIRANDO ENTRE ÁRBORES SENLLEIRAS DE GALICIA

DESCRICIÓN

Porque despois de todo, merecémonos un respiro.
E que mellor que respirar o osíxeno co que nos agasallan as árbores.
Que mellor que poder, acariñalas, coñecelas e deixar que nos falen da súa vida e historia.
Confiade e deixádevos levar!

Ribeira Sacra, A Ulloa, O Courel. Serras, devesas e bosques engaliciantes e únicos. acompañarémosvos a descubrir emblemáticas árbores da nosa contorna. Ofrecerémosvos información sobre árbores e formacións senlleiras da nosa terra.
Queredes, ademais , experimentar un auténtico baño de bosque, de leiras, prados e viñedos?. Unha vivencia única, un paseo terapéutico de conexión coa natureza e con vos mesmas? Pois só teredes que sumarlle a experiencia “Benestar para estar ben”
Xa vedes, experiencias todas de natureza e cultura para familias e grupos, seguras e que cumpren coas recomendacións sanitarias. Porque despois de todo, merecémonos un respiro!

INFORMACIÓN DE INTERESE

PÚBLICO
Familias, Parejas, Grupos

DURACIÓN
4 días

ALOJAMIENTO
Con alojamiento

PLAZAS
Máximo: 14

PERÍODO
Todo el año

PRECIO

Consultar

Casa do Romualdo

RESERVA / CONTACTO