EXPERIENCIA

BEBE A PAISAXE

DESCRICIÓN

Conxunto de actividades para beber e coñecer a paisaxe de Ribeira Sacra dun xeito diferente. Propoñemos unha experiencia de dous días para todos os públicos na que nos achegaremos á realidade deste territorio cunha perspectiva de experiencia comunitaria.

A experiencia comeza o primeiro día en Vilachá onde se está a levar a cabo un proxecto de arqueoloxía e etnografía para coñecer as orixes de Ribeira Sacra (Adegas da Memoria). Realizaremos un pequeño paseo dende un conxunto de adegas tradicionais ata o espectacular Miradoiro da Capela, pendurado sobre o Sil. Ao longo do paseo afondaremos nas orixes de Ribeira Sacra a través de restos arqueolóxicos, coñeceremos as lendas e o universo da cultura tradicional, entraremos en adegas particulares para probar os viños tradicionais de Ribeira Sacra e coñeceremos da man dos veciños a súa realidade.

Ao día seguinte teremos outra actividade na que coñeceremos o Castro de San Lourenzo, situado en Cereixa, aldea da mítica María Castaña. O xacemento conta co castro e un cemiterio medieval cheo de misterios. Nesta visita percorreremos a vida nunha parroquia galega dende a protohistoria ata a actualidade con historias que parten do local pero nos conectan co universal.

Como parte da experiencia propoñemos o xantar na primeira parrillada da provincia de Lugo, “ O Fogón”, fundada polo Moure, quen soubo trasladar dende Venezuela unha das receitas de maior éxito da gastronomía galega. O segredo da receita das súas salsas aínda se mantén ata hoxe.

Para completar a experiencia asesoraremos ao grupo sobre outras actividades para realizar pola súa conta como andainas, paseos, visitas ou lugares onde bañarse.

INFORMACIÓN DE INTERESE

Inclúe una noite de aloxamento, dúas comidas, unha cea, un almorzo, cata de viños e as visitas

PÚBLICO
Todos los públicos

DURACIÓN
2 días

ALOJAMIENTO
Con alojamiento

PLAZAS
Mínimo: 6

PERÍODO
Todo el año, excepto lunes. Con reserva previa

PRECIO

135€/parella en habitación dobre

Casa Rural Salanova - O Forno

RESERVA / CONTACTO

  • null
    650 624 828