EXPERIENCIA

BENESTAR PARA ESTAR BEN

DESCRICIÓN

A Rosalía e o Francisco guiarémosvos nun auténtico baño de bosque, leiras, prados e viñedos. Unha experiencia única, un paseo terapéutico de conexión coa natureza e con unha mesma.
De vagariño, e cos sete sentidos, poñerémonos en camiño e iremos percibindo os aloumiños do bosque, apañando sementes de futuro, gozando cos arrecendos e sabores da terra, enchoupándonos cos sons da creación, contemplando paisaxes de plenitude e sentindo o abrazo da brisa na pel.
Pura vivencia e saúde! Un convite a deixarse sandar pola natureza e a paisaxe; a desfrutar do agarimo e tenrura das persoas; reaprendendo xuntas da riqueza dos camiños, os de ida e os de volta.

INFORMACIÓN DE INTERESE

Aberta, flexible, e adaptable, na medida do posible, ás características, necesidades e enerxía do grupo.
A xornada desenvólvese entre as 10 da mañá e as 8 da tarde.
Inclúe XORNADA + estadía en réxime de aloxamento e pensión completa na Casa do Romualdo

PÚBLICO
Todos los públicos

DURACIÓN
2 días

ALOJAMIENTO
Con alojamiento, Sin alojamiento

PLAZAS
Mínimo 8 Máximo 14

PERÍODO
A partir del 13 de junio do 2020

PRECIO

Consultar

Casa do Romualdo

RESERVA / CONTACTO