1. Información legal e aceptación.

As presentes disposicións regulan o uso do servizo da web (en diante, a “Web”) que CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA, pon á disposición dos usuarios de Internet. CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA con domicilio social en Plaza de Galicia, 1, 27500 CHANTADA (LUGO), e con C.I.F. número G27326131. Tel: (34) 988201023, fax: (34) 988201120.

A utilización da Web atribúe a condición de usuario da Web (en diante, o “Usuario”) e implica a aceptación de todas as condicións incluídas neste Aviso Legal. A prestación do servizo da Web ten unha duración limitada ao momento en que o Usuario se encontre conectado á Web ou a algún dos servizos que a través do mesmo se facilitan. Por tanto, o Usuario debe ler atentamente o presente Aviso Legal en cada unha das ocasións en que se propoña utilizar a Web, xa que esta e as súas condicións de uso recollidas no presente Aviso Legal poden sufrir modificacións.

2. Obxecto.

O obxecto das presente condicións xerais é regular o uso que poden realizar os Usuarios da Web de CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA que actualmente se encontra na URL http://merecesunrespiro.com, sen prexuízo de que certos servizos ou contidos dentro da Web se sometan ás súas propias condicións particulares, regulamentos e instrucións que, no seu caso, substitúen, complementan e/ou modifican o presente Aviso Legal e que deberán ser aceptadas polo Usuario antes de iniciarse a prestación do servizo correspondente.

3. Acceso.

O acceso e o uso da Web, ten carácter gratuíto para os Usuarios (agás no relativo ao custo de conexión a través da rede de telecomunicacións subministrada polo provedor de acceso contratado polos usuarios) e non esixe o rexistro previo do usuario.

4. Propiedade intelectual e industrial.

Todos os contidos da Web, entendendo por estes a título meramente enunciativo os textos, fotografías, software, links e demais contidos audiovisuais ou sonoros, así como o seu deseño gráfico, códigos fonte, estruturas de navegación e demais servizos ou produtos telemáticos integrados na Web (en diante, os “Contidos”) son propiedade exclusiva de CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA ou de terceiros, sen que poida entenderse cedidos ao usuario ningún dos dereitos de explotación recoñecidos pola normativa vixente en materia de propiedade intelectual sobre os mesmos, agás aqueles que resulten estritamente necesarios para o uso da Web, polo que o usuario se compromete a non infrinxir ningún dereito derivado da propiedade intelectual ou industrial, ficando expresamente prohibida a reprodución total ou parcial dos mesmos, a súa comunicación pública, distribución ou calquera forma de explotación, agás consentimento expreso e por escrito por parte de CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA O usuario comprométese a utilizar dita información e servizos exclusivamente para as súas propias necesidades e a non realizar directa ou indirectamente unha explotación comercial dos servizos aos que ten acceso ou dos resultados obtidos grazas á utilización da Web, agás no caso en que teña obtido consentimento expreso de CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA O usuario obrígase a non utilizar as facilidades e capacidades da Web para realizar ou suxerir actividades prohibidas pola lei ou para tentar atraer os usuarios cara a outros servizos competidores.

As marcas, nomes comerciais ou signos distintivos son titularidade de CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA ou terceiros, e están protexidos pola lexislación vixente en materia de propiedade industrial, sen que poida entenderse que o acceso á Web atribúa ningún dereito sobre as citadas marcas, nomes comerciais e/ou signos distintivos.

5. Condicions xerais de uso.

5.1 Xeral

O usuario obrígase a facer un uso correcto da Web de conformidade coa Lei e o presente Aviso Legal. O usuario responderá fronte á CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA ou fronte a terceiros, de calquera danos ou prexuízos que puidesen causarse como consecuencia do incumprimento de dita obrigación.

Fica expresamente prohibido o uso da Web con usos lesivos de bens ou intereses de CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA ou de terceiros ou que de calquera outra forma sobrecarguen, danen ou inutilicen as redes, servidores e demais equipos informáticos (hardware) ou produtos e aplicacións informáticas (software) de CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA ou de terceiros.

5.2 Contidos

O usuario comprométese a utilizar os contidos de conformidade coa Lei e o presente Aviso Legal, así como coas demais condicións, regulamentos e instrucións que no seu caso puidesen ser de aplicación de conformidade co disposto na cláusula 2. Con carácter meramente enunciativo, o usuario de acordo coa lexislación vixente deberá absterse de:

  • Reproducir, copiar, distribuír, poñer a disposición, comunicar publicamente, transformar ou modificar os Contidos agás nos casos autorizados na lei ou expresamente consentidos por CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA ou por quen ostente a titularidade dos dereitos de explotación no seu caso.
  • Reproducir, copiar para uso privado os Contidos que poden ser considerados como Software ou Base de Datos de conformidade coa lexislación vixente en materia de propiedade intelectual, así como a súa comunicación pública ou posta a disposición de terceiros cando estes actos impliquen necesariamente a reprodución por parte do usuario ou dun terceiro.
  • Extraer e/ou reutilizar a totalidade ou unha parte substancial dos Contidos integrantes da Web así como das bases de datos que CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA poña á disposición dos usuarios.

5.3 Formularios de recollida de datos.

Sen perxuízo do disposto na cláusula 7 do presente Aviso Legal, así como nas políticas de privacidade accesibles desde a Web e que puidesen resultar aplicables en cada momento, a utilización de certos servizos ou solicitudes dirixidos a CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA están condicionados á previa cumprimentación do rexistro de usuario.

Toda a información que facilite o usuario a través dos formularios da Web aos efectos anteriores ou calquera outros deberá ser veraz. A estes efectos, o usuario garante a autenticidade de todos aqueles datos que facilite garante a autenticidade de todos aqueles datos que comunique e manterá a información facilitada a CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA perfectamente actualizada de forma que responda, en todo momento, á situación real do usuario. En todo caso será o usuario o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice e dos prexuízos que cause a CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA ou a terceiros pola información que facilite.

5.4 Introducción de ligazóns á Web.

El usuario de internet que quiera introducir enlaces desde sus propias páginas web a la Web deberá cumplir con las condiciones que se detallan a continuación sin que el desconocimiento de las mismas evite las responsabilidades derivadas de la Ley:

  • A ligazón poderá vincular a calquera páxina web- a excepción daquelas que incorporen datos persoais, bases de datos ou outra información sometida á LOPD pero non poderá reproducila de ningunha forma (inline links, copia dos textos, gráficos, etc.).
  • Ficará en todo caso prohibido, de acordo coa lexislación aplicable e vixente en cada momento, establecer frames ou marcos de calquera tipo que envolvan a Web ou permitan a visualización dos Contidos a través de enderezos de internet distintos das da Web e, en calquera caso,  cando se visualicen conxuntamente con contidos alleos á Web de forma que: (I) produza, ou poida producir, erro, confusión ou engano nos usuarios sobre a verdadeira procedencia do servizo ou Contidos; (II) supoña un acto de comparación ou imitación desleal; (III) sirva para aproveitar a reputación da marca e prestixio de CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA; (IV) de calquera outra forma resulte prohibido pola lexislación vixente.
  • Non se realizarán desde a páxina que introduce a ligazón ningún tipo de manifestación falsa, inexacta ou incorrecta sobre CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA, os seus socios, empregados ou clientes sobre a calidade dos servizos que presta.
  • En ningún caso se expresará na páxina onde se sitúe a ligazón que CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA ten prestado o seu consentimento para a inserción da ligazón ou que doutra forma patrocina, colabora, verifica ou supervisa os servizos do remitente.
  • Está prohibida a utilización de calquera marca denominativa, gráfica ou mixta ou calquera outro signo distintivo de CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA, dentro da páxina do remitente agás nos casos permitidos pola lei ou expresamente autorizados por CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA e sempre que se permita, nestes casos, unha ligazón directa coa Web na forma establecida nesta cláusula.
  • A páxina que estableza deberá cumprir fielmente coa lei e non poderá en ningún caso dispoñer ou ligar con contidos propios ou de terceiros que: (I) sexan ilícitos, nocivos ou contrarios á moral e aos bos costumes (pornográficos, violentos, racistas, etc.); (II) induzan ou poidan inducir no usuario a falsa concepción de que CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA subscribe, respalda, se adhire ou que de calquera maneira apoia, as ideas, manifestacións ou expresións, lícitas ou ilícitas, do remitente; (III) resulten inapropiados ou non pertinentes coa actividade de CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA en atención ao lugar, contidos e temática da páxina web do remitente.

6. Exclusión de responsabilidade.

6.1 Da información.

O acceso á Web non implica a obrigación por parte de CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA  de comprobar a veracidade, exactitude, adecuación, idoneidade, exhaustividade e actualidade da información subministrada a través do mesmo. Os contidos desta Web son de carácter xeral e non constitúen, en modo algún,  a prestación de ningún tipo de servizo.

CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA non se responsabiliza das decisións tomadas a partir da información subministrada na Web nin dos danos e prexuízos producidos no usuario ou terceiros con motivo de actuacións que teñan como único fundamento a información obtida na Web.

6.2 Da calidade do servicio.

O acceso á Web non implica a obrigación por parte de CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA de controlar a ausencia de virus, vermes ou calquera outro elemento informático daniño. Corresponde ao usuario, en todo caso, a dispoñibilidade de ferramentas adecuadas para a detección e desinfección de programas informáticos daniños.

CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA non se responsabiliza dos danos producidos nos equipos informáticos dos usuarios ou de terceiros durante a prestación do servizo da Web.

6.3 Da dispoñibilidade do servicio.

O acceso á Web require de servizos e subministros de terceiros, incluídos o transporte a través de redes de telecomunicacións cuxa finalidade, calidade, continuidade e funcionamento non corresponde a CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA. Por conseguinte, os servizos provistos a través da Web poden ser suspendidos, cancelados ou resultar inaccesibles, con carácter previo ou simultáneo á prestación do servizo da Web.

CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA non se responsabiliza dos danos ou prexuízos de calquera tipo producidos no usuario que traian causa de fallos ou desconexións nas redes de telecomunicacións que produzan a suspensión, cancelación ou interrupción do servizo da Web durante a prestación do mesmo ou con carácter previo.

CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA poderá realizar as modificacións que estime convenientes na Web, podendo incluír servizos e contidos adicionais aos actuais ou, no seu caso, suprimilos. CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA poderá modificar a Web cando considere oportuno e poderá bloquear o acceso a todos ou parte dos usuarios da mesma para proceder a realizar modificacións ou as reparacións que considere necesarias en calquera momento.  En ningún caso, CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA será responsable do inadecuado funcionamento do sistema se isto obedece a unha defectuosa configuración dos equipos do usuario ou á súa insuficiente capacidade para soportar os sistemas informáticos indispensables para poder facer uso do servizo.

6.4 De los contenidos y servicios enlazados a través de la Web.

O servizo de acceso á Web inclúe dispositivos técnicos de ligazón, directorios e incluso instrumentos de busca que permiten ao usuario acceder a outras páxinas e portais de internet (en diante, “Sitios Ligados”). Nestes casos, CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA actúa como prestador de servizos de intermediación de conformidade co artigo 17 da Lei 34/2002, de 12 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico (LSSI) e só será responsable dos contidos e servizos subministrados nos Sitios Ligados na medida en que teña coñecemento efectivo da ilicitude e non teña desactivado a ligazón coa dilixencia debida. No suposto de que o usuario considere que existe un Sitio Ligado con contidos ilícitos ou inadecuados poderá comunicarllo a CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA  de acordo co procedemento e os efectos establecidos na cláusula 8, sen que en ningún caso esta comunicación implique a obrigación de retirar a correspondente ligazón. En ningún caso, a existencia de Sitios ligados debe de presupoñer a existencia de acordos cos responsables ou titulares dos mesmos, nin a recomendación, promoción ou identificación de CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA coas manifestacións, contidos ou servizos provistos.

CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA non coñece os contidos e servizos dos Sitios Ligados e polo tanto non se fai responsable polos danos producidos pola ilicitude, calidade, desactualización, indispoñibilidade, erro ou inutilidade dos contidos e/ou servizos dos Sitios Ligados nin de calquera outro dano que non sexa directamente imputable a CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA.

7. Uso de cookies.

CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA poderá utilizar cookies durante a prestación do servizo da Web. As cookies son procedementos automáticos de recollida de información relativa ás preferencias determinadas por un usuario durante a súa visita a unha determinada páxina web. Esta información rexístrase en pequenos arquivos que son gardados nos equipos informáticos do usuario correspondente de forma imperceptible. Cada vez que o usuario volve acceder ao sitio web en cuestión estes arquivos actívanse automaticamente de maneira que se configura o sitio web coas preferencias sinaladas en anteriores visitas. En definitiva, as cookies son ficheiros físicos de información persoal aloxados no propio terminal do usuario e asociados inequivocamente a este terminal.

As cookies non poden ler os arquivos cookies creados por outros provedores.

O usuario ten a posibilidade de configurar o seu programa navegador de maneira que se impida a creación dos arquivos cookie ou se advirta do momento en que iso ocorre. A Web é accesible sen que estean activadas as opcións referentes aos arquivos cookie, se ben poden impedir o correcto funcionamento de mecanismos de seguridade para servizos excluídos ou determinados servizos que requiren de maior seguridade. Por norma xeral, a finalidade dos arquivos cookie da Web é a de facilitar a navegación do usuario.

8. Comunicación de carácter ilícito e inadecuado.

No caso de que o usuario ou calquera outro usuario de internet tivesen coñecemento de que os Sitios Ligados remiten a páxinas cuxos contidos ou servizos son ilícitos, nocivos, denigrantes, violentos ou contrarios á moral poderá poñerse en contacto con CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA indicando os seguintes extremos:

  • Datos persoais do comunicante: nome, enderezo, número de teléfono e enderezo de correo electrónico;
  • Descrición dos feitos que revelan o carácter ilícito ou inadecuado do Sitio Ligado;
  • No suposto de violación de dereitos, tales como propiedade intelectual e industrial, os datos persoais do titular do dereito infrinxido cando sexa persoa distinta do comunicante;
  • Así mesmo, deberá fornecer o título que acredite a lexitimación do titular dos dereitos e, no seu caso, o de representación para actuar por conta do titular cando sexa persoa distinta do comunicante;
  • Declaración expresa de que a información contida na reclamación é exacta.

A recepción por parte de CONSORCIO DE TURISMO RIBEIRA SACRA da comunicación prevista nesta cláusula non suporá, segundo o disposto na LSSI, o coñecemento efectivo das actividades e/ou contidos polo comunicante.

9.Lexislación.

O presente Aviso Legal réxese en todos e cada un dos seus extremos pola lei española.